22 de octubre de 2008

Fideos chinos con polo e verduras




















Fideos chinos
Peituga de polo (ou calquera carne que teñamos para reciclar pola cociña)
1 pemento verde
1/2 cebola
Semillas de sésamo
Salsa de soja
2 culleres de aceite

Poñer o aceite nunha tixola e cando acade o calor suficiente poñer a cebola, seguidamente o pemento e a carne que empreguemos (o polo coa soja queda boísimo). Engadir o sésamo e unha pouca de salsa de soja. Cando a cebola esté pochada, retirar do lume.
Cocer os fideos chinos e separalos ben.
Sacálos da auga cun tenedor (para que non queden completamente escurridos) e poñer na tixola. Engadir un pouco máis de salsa de soja e darlle unha volta a todo co lume alto para que os fideos collan o sabor das verduras.

21 de octubre de 2008

Galletas de mantequilla




















Para unhas 20 galletas grandes:

500 g de fariña
200 g de azúcre
2 culleres de sal
250 g de mantequilla
2 ovos (xema e clara)
2 xemas de ovo
Trociños de chocolate

Mesturar a fariña, o azucre, o sal, e a mantequilla (sen derreter). Esta masa faise cos dedos e é bastante pringosa.
Engadir os ovos e as xemas ata que teñamos unha masa ben ligada e homoxénea. Meter uns 10 minutos no conxelador.
Aplanar coa axuda dun rodillo a masa ata darlle un grosor duns 5 mm. Salpicar a masa co chocolate (negro, branco, con leite... tamén se pode facer con frutos secos ou co que se che ocorra, como as ciruelas pasas da galleta da dereita).
Cortar as galletas e fornealas a 180 graos durante uns 15 minutos.
A presentación desta primeira fornada non quedou moi ben, pero as galletas estaban moi boas.

18 de octubre de 2008

Tallarines con salsa de setas
















2 culleres de aceite
2 dentes de allo
250 gr de setas
1/2 cebola
1 loncha de xamón
500 gr de tallarines
250 dl de nata líquida
pementa negra moída
sal

Cocer a pasta cun pouco de sal.

Poñer nunha tixola o aceite, o allo e a loncha de xamón cortada en tacos. Deixar fritir un pouco e engadir a cebola e as setas. Cando se frita todo pasar pola batidora ata que quede ben triturado.
Poñer a pasta de setas triturada na mesma tixola e engadirlle a nata remecendo de forma que non queden grumos. Engadir a pementa e o sal (a mestura admite bastante sal). Cando coza un pouco a salsa, mesturar coa pasta.



15 de octubre de 2008

Iogur grego


3dl de nata líquida
1 iogur natural
2 culleres de azucre
Leite enteiro

A receita do iogur grego é tan fácil como mesturar a nata e o iogur natural a temperatura ambiente. Engádese o azucre e complétase a cantidade necesaria para encher os vasos todos da iogureira. Deixase no aparello toda a noite (unhas 12 horas), póñense na neveira e listos para probar.
Os que eu fixen estaban boísimos, lástima que a iogureira da miña nai só teña 8 vasiños. A estas horas só quedan 3, un deles xa está pedido, outro vai ser o que me aporte os fermentos para a seguinte tanda de iogures e co outro vou facer algunha salsa para esta noite.

14 de octubre de 2008

"Yogurtera"


Despois de moito insistir, por fin a miña nai me prestou a "yogurtera". Baixo a ameaza de "a min duroume vintecinco anos e ainda ten todos os vasiños en perfecto estado, ahora vai tu e rómpeos en tres días".
Estou buscando receitas en internet. Esta noite farei a mestura e mañá pola mañá xa estarán listos os iogures!