2 de marzo de 2009

Masa para pizza

Aceite de oliva
Sal
Fariña
Levadura de panadería
1 sobre de Royal
Auga

Verter a fariña nunha mesa sobre a que se poida amasar. Engadir o sobre de Royal e o sal. Disolver a levadura nun vaso de auga quente e engadir á masa. Empezar a mesturar. Engadir o aceite. Se está moi líquido engadir fariña e se está moi sólida engadir auga. Punto exacto: cando non se pega nas mans e é unha masa homoxénea. Amasar con forza ata que estire pero non rompa.
Facer unha bola e deixala leldar nun sitio cálido por unha hora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario