10 de abril de 2009

Sopa de verduras


Tomates
Follas de berza
Follas de naviza
Cebola
Zanahoria
Pataca
Allo
Puerros
Aceite
Pementa
Sal

Pelar os tomates. Picar toda a verdura menudiña menos as patacas que poden ser un pouco máis grandes.
Poñer nunha pota o aceite e o allo picadiño. Cando fría un pouco, engadir a cebola. Esperar a que se poche e engadir o tomate. Pochar de novo todo e engadir os puerros, patacas e zanahorias. Deixar pochar un pouquiño e engadir a auga ata cubrir a verdura completamente. Poñer sal e pementa ó gusto. Cando leve un ratiño fervendo, engadir as berzas e navizas.
Observacións: pódese engadir calquera verdura. Atención ós tempos de coción de cada unha delas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario