9 de junio de 2009

Polo ó curry

Despois de buscar receitas por internet, e non atopar ningunha que respondera ás miñas espectativas, fixen un mix de varias para conseguir esta adaptación.

1 peituga de polo enteira cortada en cubos
1 zanahoria grande cortada en trozos grandes
2 patacas en trozos grandes
1 cebola picadiña
2 cucharadas de fariña
2 chuchariñas de curry
2 tazas de auga
1 iogur
Pementa
Aceite
Viño blanco
Sal

Macerar a peituga coa pementa + sal + viño blanco. Poñer nunha sarten o aceite, quentalo ben e poñer a cebola a pochar. Engadir o curry e o polo e deixar que este se cociñe un pouco. Engadir a zanahoria + patacas + fariña + auga. Deixar que se cociñe todo durante uns 30 minutos aprox. e engadir o iogur.

NOTA: Engadir o iogur antes de tempo pode ser unha pesadilla... A salsa ten que quedar máis ligada ós alimentos (non como na foto).

1 comentario: