20 de junio de 2009

Tortilla de Ro

Berenxena cortada a tiras
Patacas
Unha pouca cebola
Ovos
Sal
Aceite
Auga

Poñer nunha sarten a cebola e a berenxena cun vaso de auga. Deixar cocer e cando se evapore a auga, engadir un vaso mais. Cando se volte a evaporar engadir un choriño de aceite e deixar fritir un ratiño. Fritir as patacas e bater os ovos. Mesturar todo, poñer un pouco de sal e facer a tortilla.
Nota: Cortar a berenxena e deixar un ratiño en auga cun pouco sal para que perda o amargor.

Nota extraculinaria: Desculpas ós meus invitados por abusar da berenxena durante a súa estancia, pero nos Ancares non temos moita tradición vexetariana e a todo se lle engade un pouco de xamón ou chourizo ;). Na próxima visita serei máis creativa!

No hay comentarios:

Publicar un comentario