1 de julio de 2009

Croquetas de polo e xamón (ricetta della mamma)


2 Peitugas de polo
1 litro de leite
1 loncha de xamón
8 culleradas de fariña
2 culleradas de mantequilla
Sal
Aceite
2 Ovos
Pan raiado

Cocer as peitugas de polo e desmenuzalas. Cortar o xamón en taquiños moi pequenos.
Poñer nunha pota catro culleres de aceite, a mantequilla e a fariña. Mesturar todo e deixar cociñar un pouco. Salar. Ir engadindo o leite sen deixar de remecer. Deixar cociñar un ratiño e engadir o polo e o xamón. Cociñar outro pouco e sacar a masa a unha fonte para que enfrie. Deixar repousar unhas 10 horas.
Dar forma á masa, pasala por ovo e logo pan raiado. Fritir co aceite moi quente.

Nota: Se se cociña ben a masa, menos probabilidades de que se rompan ó fritir.