23 de marzo de 2009

Angulas



Angulas
Gambas
Allo
Sal
Aceite

Laminar o allo. Poñer o aceite na sarten e o allo, cando estea moi quente poñer as gulas e as gambas. Deixar facerse un pouco e servir quentiñas.

Tarta cumpleanos




















2 l de nata
Azúcar
Fresas
Licor de melocotón
Auga

Facer un almibar quentando un vaso de auga cun bo chorro de licor de melocotón e tres cucharadas de azúcar. Partir o biscoito en dúas capas e emborrachar cada unha delas co almíbar quente. Deixar enfriar.
Laminar as fresas. Montar a nata e botarlle azúcar.
Poñer a base de biscoito e cubrir --> nata - fresas - nata. Poñer a outra capa do biscoito e cubrir con nata. Cubrir tamén os bordes de nata. Adornar con abundantes fresas por encima e polos lados.

22 de marzo de 2009

Base de biscoito

18 de marzo de 2009

Galletas de Nata




















1 litro de nata
400 gr de azúcar
2 xemas de ovo
Fariña

Mesturar a nata co azúcar e cos ovos batidos. Engadir fariña á mestura ata que quede unha masa homoxénea e cun pouco de consistencia. (A maior cantidade de fariña, máis duras quedarán as galletas). Deixar repousar a masa na neveira durante algo máis de media hora. Estendela cun rodillo (1 cm de grosor +/-). Cortala e fornear.

Observación: Tamaño ideal, o do vaso de tubo.

12 de marzo de 2009

Sushi de salmón




















Alga nori
Arroz
Vinagre
Azúcar
Salmón

Facer arroz blanco sen aditivos (sal, aceite, allo, etc.). Deixar enfriar estirado nunha bandexa.
Facer un condimento para o arroz quentando medio vaso de vinagre e disolvendo nel unhas culleradas de azúcar. Deixar enfriar.
Cando estén frios, pulverizar o arroz co condimento.
Cortar o salmon en tiras. Para eso, a mellor parte do salmón é a cola. Ten que ser crudo, así que debe estar previamente conxelado.
Estirar a plancha de alga e salpicar un pouco co condimento para que abranden (moi pouco, que son fráxiles e rompen). Poñer arroz encima da plancha, tendo en conta o grosor que queremos que teñan os bocadiños finais. Colocar a tira de salmón sobre o arroz e enrrollar a alga.
Deixar enfriar na neveira durante media hora. Cortar.
Próximo obxectivo: engadir aguacate á receita.

3 de marzo de 2009

Pizza Vilanova


Champiñóns
Mozzarella fresca
Mozzarella lonchas
Tomate
Orégano
Atún
Cebola

Estender a masa. Untar o molde con aceite de oliva. Cubrir con moita salsa de tomate. Poñer unha capa de mozzarella, os champiñóns, o atún e unhas tiras de cebola. Se sobrou mozzarella poñer outra pouca por encima. Oregano e ó forno.
Observacións: A cebola dalle un toque, pero tarda un pouco en facerse.

2 de marzo de 2009

Masa para pizza

Aceite de oliva
Sal
Fariña
Levadura de panadería
1 sobre de Royal
Auga

Verter a fariña nunha mesa sobre a que se poida amasar. Engadir o sobre de Royal e o sal. Disolver a levadura nun vaso de auga quente e engadir á masa. Empezar a mesturar. Engadir o aceite. Se está moi líquido engadir fariña e se está moi sólida engadir auga. Punto exacto: cando non se pega nas mans e é unha masa homoxénea. Amasar con forza ata que estire pero non rompa.
Facer unha bola e deixala leldar nun sitio cálido por unha hora.