10 de abril de 2009

Sopa de verduras


Tomates
Follas de berza
Follas de naviza
Cebola
Zanahoria
Pataca
Allo
Puerros
Aceite
Pementa
Sal

Pelar os tomates. Picar toda a verdura menudiña menos as patacas que poden ser un pouco máis grandes.
Poñer nunha pota o aceite e o allo picadiño. Cando fría un pouco, engadir a cebola. Esperar a que se poche e engadir o tomate. Pochar de novo todo e engadir os puerros, patacas e zanahorias. Deixar pochar un pouquiño e engadir a auga ata cubrir a verdura completamente. Poñer sal e pementa ó gusto. Cando leve un ratiño fervendo, engadir as berzas e navizas.
Observacións: pódese engadir calquera verdura. Atención ós tempos de coción de cada unha delas.

9 de abril de 2009

Arroz con leite




















4 vasos de leite
1 vaso arroz
Azúcar
Canela en polvo
Pel de limón

Poñer o leite, o azúcar, a canela e a pel do limón a ferver.
Lavar o arroz para que lle saia un pouco o almidón.
Cando ferva o leite botarlle o vaso de arroz e quitar a pel do limón. Manter a cocendo, a lume baixo e removendo para que non se pegue. Cando o arroz estea cocido, poñer nos recipientes para servir.

4 de abril de 2009

Ensalada




















Leituga
Tomate
Cebola
Ovo
Millo
Fresas
Brotes de soja
Atún
Esparragos
Pipas
Sésamo