20 de junio de 2010

Pastel de bacalao

Esta receita é moi similar á dos pasteis de verdura. Foi unha receita improvisada para reciclar dous trozos de bacalao que me quedaran dunha comida anterior.

Masa base (neste caso tamén é comprada)
2 ovos
1 cebola
1/2 vaso de nata líquida
Bacalao

Desmigajar o bacalao (xa estaba cociñado). Bater os ovos. Untar o molde cun pouco de aceite ou mantequilla, poñer a masa como base. Mesturar o bacalao, os ovos e a nata. Encher o molde e meter todo ó forno ata que o ovo esté totalmente cuallado.

6 de junio de 2010

Pasteles de verduras

Masa base (neste caso comprei obleas para empanadillas)
2 ovos
Puerro
Cebola
Pemento verde
Pemento vermello
Zanahoria
Sal
1/2 vaso de nata líquida

Trocear a verdura e saltear na sartén. Bater os ovos. Untar os moldes con un pouco de aceite ou mantequilla, poñer a masa como base. Mesturar as verduras, os ovos e a nata. Encher o molde e meter todo ó forno ata que o ovo esté totalmente cuallado.

31 de mayo de 2010

Rosquillas de Cazorla

Chámanse rosquillas de Cazorla porque a receita deulla á miña nai unha señora de Cazorla. Desde que as fixemos por primeira vez con esta señora, na miña casa chámanse así e teñen bastante éxito.

15 cucharadas de leite
3 ovos
1 sobre e medio de levadura en polvo
15 cucharadas de aceite oliva
15 cucharadas de anis
15 cucharadas de azúcar
fariña
unha pel de laranxa

Poñer a pel de laranxa nunha sarten ó lume co aceite ata que empece a fritir. Sacar do lume e deixar que se enfríe totalmente.
Separar as claras das xemas e subir as claras a punto de neve. Mesturar os ingredientes seguindo esta orde: claras > xemas batidas > azúcar > aceite > anis > leite > levadura > fariña (a que admita a mestura para poder traballala despois).
Cando a masa xa teña unha textura homoxénea, darlle forma. Para esto é mellor untar un pouco as mans con aceite, así non se pega. Fritir en abundante aceite. Unha vez fritas deixar que se lles quite o exceso de aceite sobre un papel de cociña.
Para conservar, meter nun bote ou nunha caixa de lata envoltas nunha servilleta ou papel de cociña.

27 de mayo de 2010

Muffins albinos de arandos / Muffins albinos de chocolate

2 tazas de fariña
1/3 taza de azúcar blanco
1/3 taza azúcar moreno
2 cucharadas de levadura
1/2 cucharada de sal
2/3 taza de leite
115 g de mantequilla
2 ovos
1 cucharadiña de vainilla líquida
Perlas de chocolate
Arandos

Esta receita está collida de Directo al Paladar.
Mesturamos primeiro os ingredientes secos: fariña, azúcar, sal e levadura. Por outra parte mesturamos os líquidos: ovos, leite, mantequilla e a vainilla. Hai que mesturar ata que estén ben ligados.
Facemos un volcan no centro dos ingredientes secos e metemos alí a mestura líquida. Remexendo o conxunto o xusto para que todo quede integrado, pero sen bater en exceso.

Separamos en dous recipientes e nun engadimos as pepitas de chocolate e no outro os arandos.

Untamos os moldes e poñémoslles masa ata a metade. Metemos no forno.

21 de mayo de 2010

Lisboa: un "ponto final" con moi bo sabor de boca

Recen chegada de Lisboa, apeteceme escribir en Boas Migas sobre un restaurante que me deixou moi bo sabor de boca. Despois duns días de viaxe por Portugal e pola súa capital, despedímonos de Lisboa e dos lisboetas que nos acolleron cunha cea nun restaurante cunha ubicación privilexiada.
Ponto final é un nome do máis axeitado. Para chegar alí, colles un barco na estación de Cais do Sodré. Cando aínda estás contendo a respiración polo punto de vista privilexiado e intentando identificar os monumentos da cidade que se deixa do outro lado do río, xa estás na outra beira do Tejo, en Cacilhas. Empezas a camiñar cara a dereita pola beira do río, alonxándote da civilización e adentrándote nun peirao en horas baixas ou semi-abandonado. Despois de facer varias curvas desfrutando do perfil da cidade desde a outra beira, aparece un restaurante. Pouco máis adiante e xa na fin do peirao está o Ponto Final.
Coa noite tan temperada que facía, ceamos na terraza, coas olas batendo ós nosos pes. Como é un blog de cociña direi que comemos entre outras cousas: Arroz com Tamboril, Pataniscas de Bacallau e Sericá. Ceamos moi ben, pero o verdadeiramente espectacular do restaurante é desfrutar desa terraza con vistas ao waterfront de Lisboa.
Despois de cear, de novo o percorrido cara ó barco, neste caso, rodeados pola penumbra e nunha calurosa noite do mes de maio. Desandar o camiño polo percorrer retorcido do peirao ata chegar ó embarcadoiro. Embarcar... e outra vez conter a respiración desexando que o barco se desvíe da liña recta ó cruzar e demore a viaxe uns minutos máis. Para min foi un Ponto Final perfecto á estancia en Lisboa.

Ponto Final Restaurante

Cais do Ginjal, 72

Cacilhas 2800-284 Almada

Telf. 212760743


Para opinións máis precisas deixo o link a Tripadvisor.

2 de mayo de 2010

Lasaña de verduras diferente

Webos Fritos é outro dos blogs que leo habitualmente, e esta receita que teñen posta na categoría de "recetas para sorprender", a min sorprendeume de verdade pola súa orixinalidade. E así pasaron varios meses ata que atopei a ocasión propicia para poñerme mans á obra. Unha cea con dúas convidadas especiais que sabía que se sorprenderían con esta presentación.


Placas de lasaña (eu utilicei as precocidas, que tiña o tempo xusto)
Tagliatelle de colores (eu utilicei tallarines e espaguetis, cousas da vida...)
Sal
Unha xema de ovo
Bonito fresco
Pementa
Pementos verdes, vermellos e amarelos
Zanahoria
Cebola morada
Calabacín
Aceite
Azúcar
Queixo provolone

Cocer a pasta. Bater a xema de ovo. Poñer as placas de lasaña unha xunto a outra ata o tamaño dos tallaríns/espaguetis (a min coincidiume facer 3 placas á vez). Pintar as placas con ovo. Ir pegando un a un (si, un a un) os espaguetis/tallaríns nas placas de lasaña. Aquí é cando pensas: "ónde me metín, non acabo nunca", pero unha vez que se lle colle o truco vai rapidísimo. Cortar as partes sobrantes de tallaríns e separar as placas de lasaña. Volver a pintar con ovo por riba con coidado de non mover moito o "mosaico" e reservalos. Eu solo "customicei" a capa de arriba da lasaña.
Cortar a verdura.
Preparar os ingredientes por separado. Eu fíxeno da seguinte forma:
-Calabacín e pemento verde: asados no forno sobre unha bandexa ben untada de aceite
-Zanahoria, pementos vermellos e amarelos: cocidos ó vapor pero deixándoos un pouco crús
-Cebola: caramelizala nunha sarten a lume baixiño e cunha cucharada de azúcar
-Bonito: picar en dados moi pequeniños, poñerlle sal e unha pouca pementa. Fritir un pouco nunha sarten co lume moi alto para que non perda a xugosidade.
Poñer unha placa de lasaña no fondo dunha bandexa untada con aceite de oliva. Ir poñendo ingredientes por capas neste orde: calabacín, pemento (verde, vermello e amarelo), zanahoria, queixo provolone, bonito, cebola, queixo provolone e por último cubrir coa tapa customizada da lasaña. As capas de queixo foron bastante sutís, para non sorecargar.

Meter no forno un anaco ata que o queixo esté fundido e os ingredientes que enfriaron volvan a ter calor. Manter no forno a lume baixo ata o momento de servila. Parece moi complicada, pero merece a pena. Non me esperaba un sabor tan rico...

Co vistosa que é e co ben que sabe, a partir de ahora, vouna convertir na miña especialidade! ;)

A receita orixinal é perfecta e preciosa, pero como eu o fixen con algo de presa e non atopei tagliatelle das cores axeitada, pois improvisei. Ademáis adaptei os ingredientes un pouco. Pero para as que se sorprenderon coa miña presentación, que vexan a orixinal onde ademáis se detalla máis o proceso: Lasaña Wally.

29 de abril de 2010

Tiramisú de Fresa

Esta foi unha das receitas que nada máis leela no blog Los Fogones del Chi, díxenme: "teño que facela xa". Así que a adaptei (moi lixeiramente) ás miñas preferencias e aquí está o resultado:

250 g de mascarpone

2 ovos

Azúcar

Fresas

Pistachos


Separar as xemas das claras. Mesturar as xemas cunhas cucharadas de azúcar e engadirlle o mascarpone. Mesturar todo ben e probar para ver se hai que engadir máis azúcar. Subir as claras a punto de neve e engadír á mestura anterior remexendo con coidado para que colla un pouco da textura das claras.

Cortar as fresas pola metade e dispoñelas no vaso ata cubrir ben o fondo. Poñerlle encima unha boa capa da crema. Para adornar picar uns poucos pistachos (eu non conseguín os crús que di na receita orixinal, así que adaptéi os salados meténdoos nunha pouca auga para que perderan o sal) e poñer tamén uns taquiños de fresa.

Aínda que pareza algo complicado, é moi sinxelo e rápido. O que máis tempo leva é subir as claras.
A presentación fai que sexa un postre moi vistoso, pero o certo é que a min quedoume fatal se o comparamos coa
receita orixinal. (Ademáis son unha pésima fotógrafa...)

18 de febrero de 2010

Chourizos asados na chimenea



Chorizos caseiros pouco curados
Viño tinto/branco ou cervexa

Envolver o chourizo en papel aluminio, deixar un dos extremos sen pechar para poder poñerlle un chorro de viño. En vez de viño, tamén se lle pode poñer cervexa (Estrella Galicia, por suposto).
Preparar a chimenea, separando os troncos que teñen llama e deixando sólo as brasas. Meter durante uns minutos entre as brasas.

Nota: Boísimos para merendar nunha tarde de neve!

1 de febrero de 2010

Restaurante "O Galiñeiro", A Coruña

O restaurante "O galiñeiro" está centricamente situado na cidade de A Coruña (Plaza de Galicia, 2-3). Non ten páxina web (ou eu non a atopei), pero aquí pódese atopar a carta do restaurante (cos prezos) e algunhas opinións de clientes.
Un restaurante por dicilo de algún modo "temático", que centra a súa carta en pratos elaborados con polo ou con ovos.
Leva case un ano aberto e desde fora vése sempre ambientillo. Fun a cear alí con algúns compañeiros de traballo antes do Nadal e ese día había moita xente.
Pedimos uns entrantes para compartir (rabas de polo, croquetas e a ensalada do César) e despois un prato para cada un (ovos fritos con xamón, polo ao curry, polo en pepitoria e peituga de polo). O meu prato era peituga de polo, rechea de champiñóns e gambas, aderezada con mostaza. Para min sobraba un pouco de mostaza, pero o recheo estaba aceptablemente bo. Postres variados, viño, cerveza e unha copa antes de marchar.
O ambiente é moi agradable, a decoración moi coidada e acorde co sitio, pero o servizo deixa bastante que desexar (ó mellor era porque había moita xente).
Pagamos sobre 30 euros por persoa, un prezo que, se se cumpriran as miñas expectativas, estaría encantada de pagar, pero despois de estar alí, e a medida que pasa o tempo me parece excesivo.
A pesares de que me tiña unhas pintas fabulosas e lle tiña moitas ganas, o regusto que me deixou foi de indiferencia. Promete moito, pero ó final non chega a cumprir.

26 de enero de 2010

Tarta de castañas


1 kg de castañas
150 g de mantequilla
300 g de azúcar
6 huevos
1 l leite
1 copa brandy
1/4 l de nata
caramelo líquido

Pelar as castañas e poñelas nunha pota con auga fervendo ata que estén cocidas. Sacalas da auga e quitarlles a segunda pel. Unha vez peladas poñelas nun bol xunto co leite e o brandy. Mesturar ou bater ata conseguir unha mestura fina.
Separar as yemas das claras. Mesturar as primeiras co azúcar e engadilas á mestura anterior. Bater as claras a punto de neve e engadir.
Botar todo nun molde untado de caramelo. Poñer ao baño María no forno durante máis ou menos media hora.

23 de enero de 2010

Aliños agridulces

Copio 3 aliños do número 209 da revista Clara, que me gustaría probar:

Vinagreta con mermelada
Engadir unha cucharada de mermelada de arandos sen azúcar ao típico aliño das ensaladas de aceite, sal e vinagre. Na revista di que vai perfecto para ensaladas con fruta, así que me pegaría ca "ensalada de piña, kiwi e alcachofas" e ca "Ensalada mixta" que xa teño subidas ó blog.

Mel e mostaza
Mesturar unha cucharada de mostaza con dúas de aceite e engadir unha de mel, outra de zume de limón, sal e pementa. Recomendada para ensaladas de arroz.

Iogur e herbas
Mesturar medio iogur con dúas cucharadas de aceite, unha pizca de zume de naranxa, pementa, romero, orégano e albahaca. Recomendada para ensaladas de pasta e polo.

(deixoos aquí para non olvidalos)

19 de enero de 2010

Licor café. Receita caseira. Paso 1

8 litros de augardente
4 kg de azúcar
1/2 kg de café pouco moído
4 peles de laranxa
2 raices de regaliz

Mesturar todo nunha pota ben grande e deixar macerar removendo cada día durante 25 días (+/-). Colar primeiro nun colador grueso e máis tarde pasar por un pano de tea [limpo! ;)].

Eu de momento fixen a primeira parte. Cando xa se poida colar e probar, subirei outra foto.

13 de enero de 2010

Crema de orujo

A crema de orujo é un licor que desde fai uns anos está experimentando un verdadeiro boom en Galicia. Creo que hai tantas receitas como xente que proba a facelo, por eso dependendo de onde o probes cambia moito o sabor. A textura tamén é moi variada, pero a pesares de que a moita xente lle gusta que sexa totalmente líquido, a min gústame que deixe manchado o vaso ó bebelo.

Das receitas que atopei en internet, esta foi a que máis me gustou.

Augardente (a nosa era de 50º)
Dous botes de leite condensada pequenos
Un bote de sirope de caramelo
1/2 bote de sirope de chocolate
Auga (para axeitar a textura)

Mesturar os siropes e a leite condensada. Medir a augardente polo bote de leite condensada e engadir dous botes. Engadir auga ata conseguir a textura desexada.

Nota: Este licor permite fácilmente modificar a textura e o sabor variando un pouco as proporcións.

10 de enero de 2010

Culinaria Italia

Neste último ano sinto verdadeira pasión polos libros de cociña. Teño que loitar contra o impulso de compralos... Xa teño uns cantos na casa e non me da tempo a leelos todos, aínda así, cóstame moito resistirme.
Moitas veces vou a unha tenda coa intención de comprar un libro determinado e acabo saíndo con outro diferente... (xa dixen que non son capaz de resistirme?).
A min gústanme os libros con fotos, e que non sexan únicamente de cociña. Como son unha novatilla, interésame todo o que hai ó redor das diferentes receitas. Pero casualmente, estes libros son sempre os máis caros...
Fai algún tempo fun a FNAC e atopei un libro que me comprei sen pensalo: Culinaria Italia da editorial H.F. Ullmann. (Reseña)
Non é un simple recetario, senon que presenta a gastronomía italiana e os aspectos relacionados con esta (sociais, históricos, culturais...), dunha forma moi amena. Estructurado segundo as diferentes rexións do país, recolle os platos máis tradicionais de cada zona, viños, queixos, costumes, licores, productos principais, etc. Fuxindo do típico de solo pizza ou solo pasta.
Ten unhas cincocentas páxinas, moitas fotos e explicacións de distintas preparacións. Costoume algo menos de 10 euros, o que me pareceu tirado de prezo para o que costan normalmente os libros de cociña.
A miña sorpresa foi maiúscula cando doutra volta na FNAC atopei que forma parte dunha colección formada por ao menos 4 libros máis (cada un deles ao prezo de 9.95€): Culinaria Rusia, Culinaria Francia, Culinaria Grecia e Culinaria España. (Fago esforzos para non compralos todos)
Xa estou marcando receitas que probar, en canto as poña en práctica súboas ao blog.

8 de enero de 2010

Mousse de limón

Buscando un postre lixeiriño para fin de ano, atopei esta receita de mousse de limón e púxenme mans á obra.
Para 10 personas.
1 bote mediano de leite condensada
5 ovos
1/2 litro de nata
6 limóns

Separar as yemas das claras. Exprimir os limóns e reservar a pel. Bater as yemas e engadirlles a leite condensada e o zume de limón.
Montar a nata por un lado e as claras de ovo por outro lado. Engadir a nata montada á primeira mestura e remover ben. Finalmente engadir as claras de ovo.
Servir en copas. Raiar a pel do limón e utilizar a modo de decoración...

Nota: Ó mesturar as claras co resto dos ingredientes hai que remover de forma vertical (de arriba a abaixo) para que non se baixen e aporten a textura da receita.

7 de enero de 2010

Ensalada de piña, kiwi e alcachofas

Leituga
Tomate
Queixo fresco
Piña
Kiwi
Alcachofas

Cortar a leituga en tiras e picar miudiños os outros ingredientes.