10 de enero de 2010

Culinaria Italia

Neste último ano sinto verdadeira pasión polos libros de cociña. Teño que loitar contra o impulso de compralos... Xa teño uns cantos na casa e non me da tempo a leelos todos, aínda así, cóstame moito resistirme.
Moitas veces vou a unha tenda coa intención de comprar un libro determinado e acabo saíndo con outro diferente... (xa dixen que non son capaz de resistirme?).
A min gústanme os libros con fotos, e que non sexan únicamente de cociña. Como son unha novatilla, interésame todo o que hai ó redor das diferentes receitas. Pero casualmente, estes libros son sempre os máis caros...
Fai algún tempo fun a FNAC e atopei un libro que me comprei sen pensalo: Culinaria Italia da editorial H.F. Ullmann. (Reseña)
Non é un simple recetario, senon que presenta a gastronomía italiana e os aspectos relacionados con esta (sociais, históricos, culturais...), dunha forma moi amena. Estructurado segundo as diferentes rexións do país, recolle os platos máis tradicionais de cada zona, viños, queixos, costumes, licores, productos principais, etc. Fuxindo do típico de solo pizza ou solo pasta.
Ten unhas cincocentas páxinas, moitas fotos e explicacións de distintas preparacións. Costoume algo menos de 10 euros, o que me pareceu tirado de prezo para o que costan normalmente os libros de cociña.
A miña sorpresa foi maiúscula cando doutra volta na FNAC atopei que forma parte dunha colección formada por ao menos 4 libros máis (cada un deles ao prezo de 9.95€): Culinaria Rusia, Culinaria Francia, Culinaria Grecia e Culinaria España. (Fago esforzos para non compralos todos)
Xa estou marcando receitas que probar, en canto as poña en práctica súboas ao blog.

No hay comentarios:

Publicar un comentario