19 de enero de 2010

Licor café. Receita caseira. Paso 1

8 litros de augardente
4 kg de azúcar
1/2 kg de café pouco moído
4 peles de laranxa
2 raices de regaliz

Mesturar todo nunha pota ben grande e deixar macerar removendo cada día durante 25 días (+/-). Colar primeiro nun colador grueso e máis tarde pasar por un pano de tea [limpo! ;)].

Eu de momento fixen a primeira parte. Cando xa se poida colar e probar, subirei outra foto.

2 comentarios:

  1. Que boa receita!!! QUe marabilla que a compartas!! En toda sobremesa que se precie ten que haber un chupito de licor café, non?
    Amin gústame máis a cremiña que puxeches na entrada anterior, non sei se me animarei a facela algunha vez, pero agora xa sei onde está e en caso de que me decida virei a por ela.
    Biquiños

    ResponderEliminar
  2. Gracias! Ahora estou no proceso de remexer e remexer, pero dentro de pouco xa será a hora de probalo... que nervios! Da pereza poñerse a estas cousas, pero despois cando ven un convidado especial da gusto sacar un licorciño caseiro.

    ResponderEliminar