2 de mayo de 2010

Lasaña de verduras diferente

Webos Fritos é outro dos blogs que leo habitualmente, e esta receita que teñen posta na categoría de "recetas para sorprender", a min sorprendeume de verdade pola súa orixinalidade. E así pasaron varios meses ata que atopei a ocasión propicia para poñerme mans á obra. Unha cea con dúas convidadas especiais que sabía que se sorprenderían con esta presentación.


Placas de lasaña (eu utilicei as precocidas, que tiña o tempo xusto)
Tagliatelle de colores (eu utilicei tallarines e espaguetis, cousas da vida...)
Sal
Unha xema de ovo
Bonito fresco
Pementa
Pementos verdes, vermellos e amarelos
Zanahoria
Cebola morada
Calabacín
Aceite
Azúcar
Queixo provolone

Cocer a pasta. Bater a xema de ovo. Poñer as placas de lasaña unha xunto a outra ata o tamaño dos tallaríns/espaguetis (a min coincidiume facer 3 placas á vez). Pintar as placas con ovo. Ir pegando un a un (si, un a un) os espaguetis/tallaríns nas placas de lasaña. Aquí é cando pensas: "ónde me metín, non acabo nunca", pero unha vez que se lle colle o truco vai rapidísimo. Cortar as partes sobrantes de tallaríns e separar as placas de lasaña. Volver a pintar con ovo por riba con coidado de non mover moito o "mosaico" e reservalos. Eu solo "customicei" a capa de arriba da lasaña.
Cortar a verdura.
Preparar os ingredientes por separado. Eu fíxeno da seguinte forma:
-Calabacín e pemento verde: asados no forno sobre unha bandexa ben untada de aceite
-Zanahoria, pementos vermellos e amarelos: cocidos ó vapor pero deixándoos un pouco crús
-Cebola: caramelizala nunha sarten a lume baixiño e cunha cucharada de azúcar
-Bonito: picar en dados moi pequeniños, poñerlle sal e unha pouca pementa. Fritir un pouco nunha sarten co lume moi alto para que non perda a xugosidade.
Poñer unha placa de lasaña no fondo dunha bandexa untada con aceite de oliva. Ir poñendo ingredientes por capas neste orde: calabacín, pemento (verde, vermello e amarelo), zanahoria, queixo provolone, bonito, cebola, queixo provolone e por último cubrir coa tapa customizada da lasaña. As capas de queixo foron bastante sutís, para non sorecargar.

Meter no forno un anaco ata que o queixo esté fundido e os ingredientes que enfriaron volvan a ter calor. Manter no forno a lume baixo ata o momento de servila. Parece moi complicada, pero merece a pena. Non me esperaba un sabor tan rico...

Co vistosa que é e co ben que sabe, a partir de ahora, vouna convertir na miña especialidade! ;)

A receita orixinal é perfecta e preciosa, pero como eu o fixen con algo de presa e non atopei tagliatelle das cores axeitada, pois improvisei. Ademáis adaptei os ingredientes un pouco. Pero para as que se sorprenderon coa miña presentación, que vexan a orixinal onde ademáis se detalla máis o proceso: Lasaña Wally.

2 comentarios:

  1. mmmmm! que bonitaaaa! me encanta, la probaré seguro! Muy original!

    Y ahora voy directa a webos fritos, a ver lo de recetas para sorprender!

    Un saludo!
    Natalia

    ResponderEliminar