26 de junio de 2009

Salsa de Queixo do Cebreiro e pementa


1 vaso de nata
aceite
zume de limón
pementa
sal
70 gr queixo do cebreiro

Baseada na receita que propoñen na web do Consello Regulador do Queixo do cebreiro, pero con algunha modificación.

Poñer nunha sarten dúas cucharadas de aceite de oliva, un vaso de nata líquida e o zume de medio limón. Cociñalo uns dez minutos e engadir o Queixo do Cebreiro. Mesturar ben e cociñar ata que espese un pouco e colla a textura da salsa. Engadir a pementa e o sal ó gusto de cada quen.
Nota: pode que quede unha textura moi grosa e que sexa necesario pasarlle a batidora.


Esta salsa casa perfectamente coa carne á prancha, como este solomillo.
O Queixo do Cebreiro ten un sabor forte e un tanto acedo, polo que queda unha salsa moi contundente. Pódese cambiar por outros queixos máis suaves, como a mítica Philadelphia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario