8 de enero de 2010

Mousse de limón

Buscando un postre lixeiriño para fin de ano, atopei esta receita de mousse de limón e púxenme mans á obra.
Para 10 personas.
1 bote mediano de leite condensada
5 ovos
1/2 litro de nata
6 limóns

Separar as yemas das claras. Exprimir os limóns e reservar a pel. Bater as yemas e engadirlles a leite condensada e o zume de limón.
Montar a nata por un lado e as claras de ovo por outro lado. Engadir a nata montada á primeira mestura e remover ben. Finalmente engadir as claras de ovo.
Servir en copas. Raiar a pel do limón e utilizar a modo de decoración...

Nota: Ó mesturar as claras co resto dos ingredientes hai que remover de forma vertical (de arriba a abaixo) para que non se baixen e aporten a textura da receita.

4 comentarios:

  1. Pois eu nunca dera co teu blogue. Iso que ó principio andiven á caza e captura de blogues en galego, cociñeiros e so atopei ó da cociña poética, non sei se os coñeces. Encantada de que nos atopáramos. Vou dar unha voltiña a ver que se coce por aquí. Biquiños

    ResponderEliminar
  2. Ah! E a mousse ten que estar de vicio, co que me gustan as sobremesas de limón e as mousses.

    ResponderEliminar
  3. Hola rula, veño do blog de Caldebarcos e como vin que tamén eras galega coma nos, achegueime á túa cociña pra darte a benvida a este mundo blogueiro, e como non, pra felicicitarte de paso o Ano Novo. Desexote moita sorte, e si precisas de axuda pra algunha cousiña, xa sabes por donde andamos ¿vale?.
    A mousse anotoa e pasa a recetas pendentes, que me gustan moito e a túa ten una pinta bárbara.

    biquiños guapisima :)

    ResponderEliminar
  4. Moitas gracias ás dúas pola vosa benvida. Xa vos teño agregadas no meu Netvibes para non vos perder a pista e seguir vendo o que ides publicando. Eu tamén ando á procura de bloguers galegos para seguilos!

    Ata pronto!

    ResponderEliminar