250 g de mascarpone
2 ovos
Azúcar
Fresas
Pistachos
Separar as xemas das claras. Mesturar as xemas cunhas cucharadas de azúcar e engadirlle o mascarpone. Mesturar todo ben e probar para ver se hai que engadir máis azúcar. Subir as claras a punto de neve e engadír á mestura anterior remexendo con coidado para que colla un pouco da textura das claras.
Cortar as fresas pola metade e dispoñelas no vaso ata cubrir ben o fondo. Poñerlle encima unha boa capa da crema. Para adornar picar uns poucos pistachos (eu non conseguín os crús que di na receita orixinal, así que adaptéi os salados meténdoos nunha pouca auga para que perderan o sal) e poñer tamén uns taquiños de fresa.
Aínda que pareza algo complicado, é moi sinxelo e rápido. O que máis tempo leva é subir as claras.
A presentación fai que sexa un postre moi vistoso, pero o certo é que a min quedoume fatal se o comparamos coa receita orixinal. (Ademáis son unha pésima fotógrafa...)