Mostrando entradas con la etiqueta arroz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta arroz. Mostrar todas las entradas

17 de mayo de 2009

Sepia á plancha con arroz blanco




















Facer unha mestura con aceite oliva, allo picadiño e perexil picado. Deixar macerar durante unhas horas na neveira.
Facer o arroz. Limpar as sepias moi ben. Salar un pouco.
Poñer a sarten ó lume ata que estea moi quente. Poñer a sepia encima facendo presión cunha ferramenta de madeira para que toda a superficie estea en contacto coa superficie da sarten. Dar a volta, engadir a mestura, dar a volta de novo, volver engadir unhas culleradas da mestura e retirar cando estén cociñadas.

9 de abril de 2009

Arroz con leite




















4 vasos de leite
1 vaso arroz
Azúcar
Canela en polvo
Pel de limón

Poñer o leite, o azúcar, a canela e a pel do limón a ferver.
Lavar o arroz para que lle saia un pouco o almidón.
Cando ferva o leite botarlle o vaso de arroz e quitar a pel do limón. Manter a cocendo, a lume baixo e removendo para que non se pegue. Cando o arroz estea cocido, poñer nos recipientes para servir.

12 de marzo de 2009

Sushi de salmón




















Alga nori
Arroz
Vinagre
Azúcar
Salmón

Facer arroz blanco sen aditivos (sal, aceite, allo, etc.). Deixar enfriar estirado nunha bandexa.
Facer un condimento para o arroz quentando medio vaso de vinagre e disolvendo nel unhas culleradas de azúcar. Deixar enfriar.
Cando estén frios, pulverizar o arroz co condimento.
Cortar o salmon en tiras. Para eso, a mellor parte do salmón é a cola. Ten que ser crudo, así que debe estar previamente conxelado.
Estirar a plancha de alga e salpicar un pouco co condimento para que abranden (moi pouco, que son fráxiles e rompen). Poñer arroz encima da plancha, tendo en conta o grosor que queremos que teñan os bocadiños finais. Colocar a tira de salmón sobre o arroz e enrrollar a alga.
Deixar enfriar na neveira durante media hora. Cortar.
Próximo obxectivo: engadir aguacate á receita.