Mostrando entradas con la etiqueta berenxena. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta berenxena. Mostrar todas las entradas

20 de junio de 2009

Tortilla de Ro

Berenxena cortada a tiras
Patacas
Unha pouca cebola
Ovos
Sal
Aceite
Auga

Poñer nunha sarten a cebola e a berenxena cun vaso de auga. Deixar cocer e cando se evapore a auga, engadir un vaso mais. Cando se volte a evaporar engadir un choriño de aceite e deixar fritir un ratiño. Fritir as patacas e bater os ovos. Mesturar todo, poñer un pouco de sal e facer a tortilla.
Nota: Cortar a berenxena e deixar un ratiño en auga cun pouco sal para que perda o amargor.

Nota extraculinaria: Desculpas ós meus invitados por abusar da berenxena durante a súa estancia, pero nos Ancares non temos moita tradición vexetariana e a todo se lle engade un pouco de xamón ou chourizo ;). Na próxima visita serei máis creativa!

17 de junio de 2009

Pizza Mi-Ubi


Masa pizza
Tomate frito
Orégano
Queixo
Berenxena
Pemento verde
Aceitunas
Champiñóns
Espárragos






Nota: Engadir os ingredientes enriba da masa nesta orde. Rematar cunhas lonchas de mozzarella fresca.

12 de junio de 2009

Macarróns con berenxena



Pasta
Berenxena
Cebola
Sal
Aceite
Tomate
Orégano







Cocer a pasta e reservar. Picar as hortalizas en trociños. Poñer nunha sarten unha cucharada de aceite, deixar quentar ben e poñer a cebola, a berenxena e o tomate. Deixar fritir un rato e engadir un vaso de auga. Esperar a lume lento ata que reduza a auga e engadir a pasta, o orégano e medio vaso de auga máis. Deixar reducir de novo e servir.