Mostrando entradas con la etiqueta fresas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fresas. Mostrar todas las entradas

29 de abril de 2010

Tiramisú de Fresa

Esta foi unha das receitas que nada máis leela no blog Los Fogones del Chi, díxenme: "teño que facela xa". Así que a adaptei (moi lixeiramente) ás miñas preferencias e aquí está o resultado:

250 g de mascarpone

2 ovos

Azúcar

Fresas

Pistachos


Separar as xemas das claras. Mesturar as xemas cunhas cucharadas de azúcar e engadirlle o mascarpone. Mesturar todo ben e probar para ver se hai que engadir máis azúcar. Subir as claras a punto de neve e engadír á mestura anterior remexendo con coidado para que colla un pouco da textura das claras.

Cortar as fresas pola metade e dispoñelas no vaso ata cubrir ben o fondo. Poñerlle encima unha boa capa da crema. Para adornar picar uns poucos pistachos (eu non conseguín os crús que di na receita orixinal, así que adaptéi os salados meténdoos nunha pouca auga para que perderan o sal) e poñer tamén uns taquiños de fresa.

Aínda que pareza algo complicado, é moi sinxelo e rápido. O que máis tempo leva é subir as claras.
A presentación fai que sexa un postre moi vistoso, pero o certo é que a min quedoume fatal se o comparamos coa
receita orixinal. (Ademáis son unha pésima fotógrafa...)

23 de marzo de 2009

Tarta cumpleanos




















2 l de nata
Azúcar
Fresas
Licor de melocotón
Auga

Facer un almibar quentando un vaso de auga cun bo chorro de licor de melocotón e tres cucharadas de azúcar. Partir o biscoito en dúas capas e emborrachar cada unha delas co almíbar quente. Deixar enfriar.
Laminar as fresas. Montar a nata e botarlle azúcar.
Poñer a base de biscoito e cubrir --> nata - fresas - nata. Poñer a outra capa do biscoito e cubrir con nata. Cubrir tamén os bordes de nata. Adornar con abundantes fresas por encima e polos lados.