13 de enero de 2010

Crema de orujo

A crema de orujo é un licor que desde fai uns anos está experimentando un verdadeiro boom en Galicia. Creo que hai tantas receitas como xente que proba a facelo, por eso dependendo de onde o probes cambia moito o sabor. A textura tamén é moi variada, pero a pesares de que a moita xente lle gusta que sexa totalmente líquido, a min gústame que deixe manchado o vaso ó bebelo.

Das receitas que atopei en internet, esta foi a que máis me gustou.

Augardente (a nosa era de 50º)
Dous botes de leite condensada pequenos
Un bote de sirope de caramelo
1/2 bote de sirope de chocolate
Auga (para axeitar a textura)

Mesturar os siropes e a leite condensada. Medir a augardente polo bote de leite condensada e engadir dous botes. Engadir auga ata conseguir a textura desexada.

Nota: Este licor permite fácilmente modificar a textura e o sabor variando un pouco as proporcións.

10 de enero de 2010

Culinaria Italia

Neste último ano sinto verdadeira pasión polos libros de cociña. Teño que loitar contra o impulso de compralos... Xa teño uns cantos na casa e non me da tempo a leelos todos, aínda así, cóstame moito resistirme.
Moitas veces vou a unha tenda coa intención de comprar un libro determinado e acabo saíndo con outro diferente... (xa dixen que non son capaz de resistirme?).
A min gústanme os libros con fotos, e que non sexan únicamente de cociña. Como son unha novatilla, interésame todo o que hai ó redor das diferentes receitas. Pero casualmente, estes libros son sempre os máis caros...
Fai algún tempo fun a FNAC e atopei un libro que me comprei sen pensalo: Culinaria Italia da editorial H.F. Ullmann. (Reseña)
Non é un simple recetario, senon que presenta a gastronomía italiana e os aspectos relacionados con esta (sociais, históricos, culturais...), dunha forma moi amena. Estructurado segundo as diferentes rexións do país, recolle os platos máis tradicionais de cada zona, viños, queixos, costumes, licores, productos principais, etc. Fuxindo do típico de solo pizza ou solo pasta.
Ten unhas cincocentas páxinas, moitas fotos e explicacións de distintas preparacións. Costoume algo menos de 10 euros, o que me pareceu tirado de prezo para o que costan normalmente os libros de cociña.
A miña sorpresa foi maiúscula cando doutra volta na FNAC atopei que forma parte dunha colección formada por ao menos 4 libros máis (cada un deles ao prezo de 9.95€): Culinaria Rusia, Culinaria Francia, Culinaria Grecia e Culinaria España. (Fago esforzos para non compralos todos)
Xa estou marcando receitas que probar, en canto as poña en práctica súboas ao blog.

8 de enero de 2010

Mousse de limón

Buscando un postre lixeiriño para fin de ano, atopei esta receita de mousse de limón e púxenme mans á obra.
Para 10 personas.
1 bote mediano de leite condensada
5 ovos
1/2 litro de nata
6 limóns

Separar as yemas das claras. Exprimir os limóns e reservar a pel. Bater as yemas e engadirlles a leite condensada e o zume de limón.
Montar a nata por un lado e as claras de ovo por outro lado. Engadir a nata montada á primeira mestura e remover ben. Finalmente engadir as claras de ovo.
Servir en copas. Raiar a pel do limón e utilizar a modo de decoración...

Nota: Ó mesturar as claras co resto dos ingredientes hai que remover de forma vertical (de arriba a abaixo) para que non se baixen e aporten a textura da receita.

7 de enero de 2010

Ensalada de piña, kiwi e alcachofas

Leituga
Tomate
Queixo fresco
Piña
Kiwi
Alcachofas

Cortar a leituga en tiras e picar miudiños os outros ingredientes.

10 de diciembre de 2009

Kinder e o marketing participativo

Fai unha semana lin un post sobre un proxecto de marketing participativo en internet: trend.es. Argallei un pouco na web, e rexistreime porque vin que había un proxecto aberto específico para galegos. Pensei: maloserá que entre os 2.000 galegos que queren seleccionar, non me elixan a min...
E estou elexida!!!


Kinder lanza un novo producto "Kinder Sandwich de Leche" e para dalo a coñecer, apostou polo marketing participativo, é dicir, polo tradicional boca a boca (ou boca a orella, dependendo do autor).



Así, en breve enviaránme un kit de investigadora de mercados, con 40 pasteliños destes e un manual de investigación en marketing. Espero que chegue pronto, porque xa teño unhas ganas de probalos e poñerme a encher cuestionarios ;)


En próximas entradas, máis info...

2 de diciembre de 2009

A Cantina (Doade)

Se Monforte e a Ribeira Sacra me sorprenderon e me deixaron moi bo recordo, foi tamén gracias a este restaurante. A Cantina está en Doade, baixando cara o embarcadoiro ónde se collen os catamaráns para facer unha ruta polos Canóns do Sil.
Despois de toda unha mañá de ruta pola zona, soprendéndome coa paisaxe e o esforzo titánico que supón cultivar esas terras, este restaurante case nos pasa desapercibido. Entramos porque xa era hora de comer e aínda que por fora tiña moi boa pinta, tampouco nos fixemos moitas ilusións. Sen embargo, ó entrar xa vimos que era un sitio especial, con caracter de seu.
Ahora xa non recordo moi ben o que comemos (creo que ensalada, chipiróns e algo maís), pero recordo que estaba todo boísimo. Fóra ten unha terraza-campo no que se está de vicio tomando un café. Non sei... É un deses sitios que a pesar de que pasa o tempo, o bo recordo permanece.
Por outra parte, pareceume un bo exemplo de desenvolvemento no rural, aprobeitando as posibilidades do medio e adaptándose ós tempos e os gustos dos clientes.
Aquí tamén quero volver....